24/12/12

Noiteboa!

Hoxe, en Noiteboa, a miña casa está así:




E nesta carballeira tiven a miña irmá Mariña pola mañá de "modelo" coa diadema de flores que lle regalei o xoves pasado polo seu aniversario


 


Cumpriu 9!



A cea de hoxe será a encher e de postre, entre outras cousas, haberá este turrón de chocolate  en forma de árbore e estas galletas de reno que fixo a miña nai!




 Turrón de chocolate!                                                      

                        


Galletas de reno!




BOAS FESTAS!!!







Pin It Now!

18/12/12

Encargo broches Martelo!

O grupo de rock Martelo, formado por Max Gómez, Manuel Cebrián e  Xacobe Martínez Antelo, fíxome o encargo duns broches personalizados para agasallar por Nadal ós máis achegados. Esta semana entregueillos e quedaron así:




Un só

Todos xuntos



   

Se vos apetece facer algún agasallo/encargo personalizado escribídeme e podo faceros unha proposta ou plasmar a vosa idea! Pin It Now!

Oh là là! Diademas punto de cruz!

Nesta semana  superprenavideña  ensínovos as diademas de punto de cruz Oh lâ lâ e Mon amour!
Fai un tempo que as deseño pero escapáranseme as fotos, así que agora aproveito para publicalas.
Tamén as fago co panamá roxo pero todavía non teño as fotos, estou esperando  a que deixe de chover. En canto esté despexado e haxa unha luz máis bonita as fago.




:: Mon amour ::


:: Oh là là ::




:: Oh  là là e mon amour conxunto ::





Xa sabes Ohlalaízate!
Pin It Now!

10/12/12

Empezamos a semana con... Mimadriña e Nin


Mimadriña, adicou a semana pasada un post ós cadros que pinta Nin, a miña nai. Tamén posteu o meu blogue!

Moitas grazas Palmira!

Gustaríame  aproveitar para que coñezades os seus  traballos, déixovos o enlace Mimadriña

Aquí, os cadros de Nin. Están feitos coas caixas  do peixe de madeira que atopa na praia, son as crebas.
Ela dálles unha segunda utilidade e fai cousas tan chulas coma estas:


:: Árbore ::




:: Luz ::



                                   





Pin It Now!