29/11/12

Mercado solidario, rastriño de segunda mán e rincón de artesanía

Este domingo, 2 de decembro, no museo Paz Camps de Vedra farase un rastriño de segunda mán organizado polo Concello de Vedra.

Tamén haberá un mercado solidario, organizado pola ANPA "A Boca" do C.P.I.  de Vedra, destinándose os fondos recaudados á Fundación Andrea que  desempeña a súa labor social  xunto os nenos do Hospital Clínico de Santiago de Compostela.

Haberá por último un rincón de artesanía, no que me invitaron a participar dende a ANPA e tamén dende o Concello.

Vémonos o domingo de 11.00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00!

Anímate e visítanos!

Moitas grazas



Pin It Now!

No hay comentarios:

Publicar un comentario